Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.396

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (149/1999).

En virtude de resolución dictada en executoria de xuízo de faltas número 149/1999, dimanante de xuízo de faltas número 116/1998, sobre unha falta de lesións e ameazas, acordouse o requirimento de Bibiana González Salgado, para que no improrrogable prazo de oito días, acredite ter ingresado na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta na O.P. do Banco Bilbao Vizcaya, número de conta 1500-78-0149-99, a cantidade de 40.000 pesetas en concepto de multa, suma resultante da pena de multa dun mes, como autora dunha falta de lesións, e de 10 días como autora dunha falta

de ameazas imposta en sentencia firme, á que se lle fixou a cota diaria da dita pena na cantidade de 1.000 pesetas, así como 9.000 pesetas que, en concepto de responsabilidade civil, deberá indemnizar a Rogelio Banqueri Gracia, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, deberá cumprir un día de privación de liberdade (prisión) por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

E para que así conste e lle sirva de requirimento a Bibiana González Salgado, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vintedous de febreiro de dous mil.

A secretaria

Rubricado