Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: execución dos traballos de control e, se é o caso, eliminación dos múridos con influencia na saúde pública, existentes no termo municipal de Santiago de Compostela.

Os termos concretos da execución do contrato serán os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

Tipo de licitación: 5.000.000 de ptas., IVE incluído.

Prazo: o prazo de duración será de tres anos que poderán prorrogarse.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de trece días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova. Rúa Nova de Abaixo 12, local 4. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de condicións.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D. ..... con domicilio en ..... rúa ..... nº ..... teléfono ..... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº ..... actuando en nome propio (ou en representación de .....) DNI ou CIF nº ..... e domicilio ..... toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela para a realización de ....., e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de ..... ptas. que supón unha baixa de ..... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En ..... o ..... de ..... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación do concurso ..... presentada por .....

En ..... o ..... de ..... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó anuncio de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado