Por acordo do Concello Pleno, en sesión con data do 23 de decembro de 1999, acordouse aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación da parcela R-1 do Plan parcial sobre o SUNP B-14-R, en Lóngora-Liáns.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, podería interpoñerse recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que o dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).
Tamén poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de
interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.
Oleiros, 3 de febreiro de 2000.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta