Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONVOCATORIA do Premio Otero Pedrayo 2000.

No BOP de Ourense nº 44, do 23 de febreiro último, publicáronse as bases do Premio Otero Pedrayo 2000, que tramita este deputación en colaboración coas restantes deputacións de Galicia.

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 24 de maio próximo. As bases publicaranse tamén nos boletíns oficiais da Coruña, Lugo e Pontevedra e anuncio en dous xornais de maior difusión na Comunidade Autónoma.

As bases da convocatoria poden solicitarse gratuitamente, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 2 de marzo de 2000.

O presidente

Rubricado