Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión do 2 de febreiro de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle promovido por Anastasia Pisonero Ramos, correspondente á zona comprendida entre a rúa Xeneral Mola, rúa do Camposanto e rúa da Fábrica, Ordes, polo que se somete a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado na secretaría do concello para formula-las alegacións que consideren pertinentes.

Quedan suspendidas por 1 ano as licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito territorial comprendido nas áreas do mencionado plan, por supoñe-las novas determinacións modificación do réxime urbanístico vixente. A suspensión extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

Ordes, 14 de febreiro de 2000.

Teodosio Martino Martino

Alcalde