Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/4-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Vilela-Guindeiras.

Situación: A Rúa.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 587 m en conductor LA-110, con orixe no apoio nº 86 da L.M.T. existente A Rúa-Vilamartín e final no C.T. existente en caseta de Guindeiras; desde o apoio nº 5 desta liña parte unha derivación de 13 m ata o C.T. en caseta existente en Vilela. Liña soterrada en conductor R.H.V. 12/20 kV con orixe na liña soterrada ó C.T. cooperativa e con final na liña soterrada ó C.T. Guindeiras. C.T. prefabricado manobra exterior, de 630 kVA, 20.000/380-220 V en rúa Vella. Redes de B.T. aéreas en rúa Vella, C.T. Guindeiras, C.T. Campo Grande e soterrada en rúa Vella.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 1 de febreiro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense