Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000 pola que se anuncia, polo trámite de urxencia, a licitación do concurso aberto da obra: proxecto de construcción da estrada AC-141 e AC-142 Cabanas-As Pontes, fase I, treito: Cabanas-A Capela-Goente (convenio entre o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Industria e Comercio do 21 de setembro de 1999, clave AC/98/59-1).

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España). Teléfono 981 54 49 86, telefax 981 54 47 91.

2.a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación: proxecto de construcción da estrada AC-141 e AC-142 Cabanas-As Pontes, fase I, treito: Cabanas-A Capela-Goente. Convenio entre o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Industria e Comercio do 21 de setembro de 1999. Orzamento: 1.370.953.883 ptas.; 8.239.598,78 euros.

3.a) Lugar de execución: A Coruña.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: incluída no proxecto que se xunta como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 24 meses.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no punto número 1.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 24 de abril de 2000.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: a indicada no número 1 deste anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, xunto coa traducción oficial.

7.a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 9 de maio de 2000, ás 11 horas na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. De se-lo caso, fianza e garantías esixidas: esixirase unha fianza provisional do (2%) do orzamento de contrata (27.419.078 ptas.), (164.791,98 euros), e unha fianza definitiva equivalente ó (4%) do orzamento de contrata (54.838.155 ptas.), (329.583,95 euros).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses consonte o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Información complementaria:

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e. Grupo G, subgrupo 4, categoría f.

15. Data de envío do anuncio: 3 de marzo de 2000.

16. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 3 de marzo de 2000.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda