Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan aumentos de base impoñible pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Domínguez Peixoto, Javier).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: aumentos de base impoñible, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta

delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas 2ª planta, Vigo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 15 de febreiro de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Domínguez Peixoto, Javier

DNI: non consta

Avda. Fragoso, 53-6

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte.: D-53/98.

Doc.651400000421,

651400000422,

651400000469