Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.182

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 8 de febreiro de 2000 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Apoio á Innovación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na Orde do 8 de febreiro de 2000, publicada no DOG nº 37, do mércores 23 de febreiro de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 2.309, no artigo 1º punto 1, onde di: «Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en temas de innovación (anexo I)», debe dicir: «Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en temas de xestión de innovación e axudas para a realización de proxectos cooperativos con centros tecnolóxicos (anexo I)».

Na mesma páxina no artigo 1º punto 2, onde di: «Axudas para a realización de proxectos de investigación de innovación empresarial (anexo II).», debe dicir: «Axudas para a realización de proxectos de innovación empresarial (anexo II)».

Na páxina 2.310, no anexo I no seu título, onde di: «Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en temas de innovación», debe dicir: «Axudas para grupos que traballen en investigación aplicada en temas de xestión de innovación e axudas para a realización de proxectos cooperativos con centros tecnolóxicos».

Na mesma páxina, o primeiro parágrafo debe quedar redactado do modo seguinte: «Estas axudas teñen como finalidade incentiva-la realización por parte de equipos de investigación de proxectos de investigación aplicada en temas de xestión de innovación, así como fomenta-la realización de proxectos cooperativos de innovación tecnolóxica entre grupos/equipos consolidados e de excelencia con centros tecnolóxicos de Galicia alleos ós organismos públicos de I+D da Comunidade Autónoma».

Na mesma páxina, no punto 1 despois do primeiro parágrafo debe engadirse o seguinte parágrafo: «Así mesmo, no caso de proxectos cooperativos, o grupo/equipo solicitante (consolidado ou de excelencia) deberá ter subscrito un acordo de colaboración para a realización do proxecto cun centro tecnolóxico de Galicia alleo ós organismos públicos de I+D da Comunidade Autónoma».

Na páxina 2.315, no anexo II no seu título, onde di: «Axudas para a realización de proxectos de investigación de innovación empresarial», debe dicir: «Axudas para a realización de proxectos de innovación empresarial».