Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.176

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de subministración.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-la subministración de uniformes para o persoal.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, Praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, de 9 a 12 horas, ata o 20 de marzo de 2000 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, a partir do 9 de marzo, no horario e prazo sinalados ou no teléfono: 981 54 67 64. Fax: 981 54 67 28.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

Carmen Rial Lobatón

Directora da Fundación Pública

Urxencias Sanitarias de Galicia-061