1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: S00/20.
2. Obxecto do contrato:
Descrición do obxeto: material deportivo con destino ás escolas deportivas municipais. Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, e non poderá ser superior a 30 días a partir da data da adxudicación.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 8.500.000 ptas., IVE incluído, 51.086,03 euros.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo da licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de material deportivo con destino ás escolas deportivas municipais».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 2 de marzo de 2000.
O alcalde
P.D.
Rubricado