Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de aprobación definitiva de modificación número catro das Normas Subsidiarias de Planeamento de Burela.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria do 17 de decembro de 1999, por maioría absoluta legal, acordou a aprobación definitiva da modificación puntual nº 4 das normas subsidiarias de planeamento deste concello, correspondente á reordenación dunha parcela en Pedrón Salgueiro, incorporando as delimitacións impostas en relación ós terreos inmediatos ó ferrocarril e sobre os terreos de titularidade do ferrocarril e valados de peche, debendo desenvolverse a modificación puntual a través dun estudio de detalle que recolla as determinacións do nivel

de aproveitamento e cesións cuantificando estas, de conformidade co sinalado no seu día pola Consellería de Política Territorial, Obras Pública e Vivenda.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que, contra o acordo que é definitivo na vía administrativa, se poderán interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o Pleno do Concello, polo prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, computado na forma prevista no artigo 48 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos casos sinalados no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo.

Non embargante, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro, ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes, para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se considere oportuno e sexa procedente interpoñer.

O que se expón ó público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, efectuándose a publicación do texto íntegro dela no BOP de Lugo.

Burela, 25 de xaneiro de 2000.

P.D.F. (Resolución alcaldía 8-9-1999)

Critóbal Edrosa Fernández

Segundo tenente de alcalde