Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de febreiro de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00725-O-1999 e dous máis).

Pola presente cédula, notifícanselles os/as denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobro por vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e lles sirva de notificación os/as denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula.

Pontevedra, 1 de febreiro de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00725-O-1999

PO-8728-BK

G.C. Tráfico

Ttes. Romay Suárez y Lechuga, S.L.

Belesar Media Aldea, 80

36300 Belesar (Baiona) Pontevedra

Circular efectuando un transporte de pedra, carecendo de autorización administrativa. Servicio público.

15-3-1999; 12.40; N-550; 162

Art. 90 da Lei 16/1987 e Art. 41 do R.D. 1211/1990 Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/199025.000 ptas.

PO-01136-O-1999

PO-6168-AU

G.C. Tráfico

Ttes. Romay Suárez y Lechuga, S.L.

Belesar Media Aldea, 80

36300 Belesar (Baiona) Pontevedra

Circular transportando formigón, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio público.

20-5-1999; 9.50.19; C-550; 180

Art. 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/19905.000 ptas.

PO-01634-O-1998

CS-4537-AM

G.C. Tráfico

García Gas, S.A.

Núcleo Resid. Baleares,

Ronda Tria, bloque 4

41091 Sevilla

Circula cun vehículo de aluguer sen presentar contrato de arrendamento.

27-9-1998; 10.30; SPK

Art. 17 da Orde do 20 de xullo de 1995, sobre o arrendamento de vehículos en conductor (BOE nº 183, do 2 de agosto)Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/199010.000 ptas.