Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.137

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 49/2000, do 18 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Santiago de Compostela, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto técnico de expropación complementario para ordenación funcional da rúa de San Lázaro (Camiño francés). Tramo da estrada N-547.

O Concello de Santiago de Compostela, en sesión do o día 4 de xuño de 1999, aprobou o proxecto técnico de expropiación complementario para ordenación funcional da rúa de San Lázaro (Camiño francés). Tramo estrada N-547, e na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente expropiación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable con data do 8 de febreiro de 2000.

A urxencia da realización das obras deste proxecto complementario vén dada pola necesidad de concluí-las do proxecto principal -do que foi declarada a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa mediante Decreto da Xunta de Galicia 348/1999, do 23 de decembro-, para os acontecementos culturais do ano 2000, e así dar resposta ós cambios que os equipamentos do estadio de San Lázaro, Pazo de Congresos e Polígono das Fontiñas están a ocasionar no tramo da N-547 ó seu paso pola rúa de San Lázaro.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de febreiro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Santiago de Compostela para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto técnico de expropiación complementario para ordenación funcional da rúa de San Lázaro (Camiño francés). Tramo estrada N-547.

Santiago de Compostela, dezaoito de febreiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais