Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (374/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria do día 3 de febreiro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de normalización de predios no SU-2 na zona 11, por petición de Servando Gómez Crespo en representación da sociedade mercantil Prado Lameiro, S.L., substituíndo o cálculo de compensación inicial polo realizado polo arquitecto técnico municipal no seu informe

con data do 11 de xaneiro de 2000, que deberá incorporarse ó proxecto antes da aprobación definitiva deste mediante as oportunas correccións.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 23 de febreiro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente