Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

Cumprido o establecido no artigo 22 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento

parcial da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, a composición da mesa de contratación, aprobada polo Pleno da Corporación en sesión do día 30 de decembro de 1999, queda constituída da seguinte maneira:

Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Vocais: secretario xeral do concello ou funcionario en quen delegue.

-interventora xeral ou funcionario en quen delegue.

-concelleiro-delegado de Obras.

-concelleiro-delegado de Urbanismo.

-concelleiro-delegado de Medio Ambiente e Promoción Industrial.

-técnico especialista.

Secretario: xefe do Negociado de Contratación.

Narón, 25 de xaneiro de 2000.

Xoán Gato Díaz

Alcalde