Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO de suspensión de licencias.

O Pleno deste concello, en sesión que tivo lugar o 15 de febreiro de 2000 e coa asistencia de tódolos seus membros, entre outros, adoptou o seguinte acordo, que na súa parte dispositiva di:

6. Suspensión provisional de licencias no contorno da Veracruz para estudia-la modificación do PXOM na área afectada.

Debatido suficientemente, a Presidencia somete o asunto a votación, e por unanimidade dos dezasete concelleiros asistentes, acórdase:

A suspensión provisional dos procedementos para a concesión de licencias de edificación, parcelación ou demolición, así como as de reforma se se atopasen no caso descrito polo Art. 118.1º do RPU, co fin de proceder ó estudio de reforma do PXOM no contorno da Veracruz.

Esta suspensión non poderá ter unha duración superior a 1 ano, enténdese desde a súa entrada en vigor, é dicir, desde a súa publicación no último dos diarios en que deba de selo. Se dentro do prazo anterior se producise a aprobación inicial da modificación do planeamento, a suspensión prorrogarase durante un ano máis a partir desta aprobación, duración máxima dela. En todo caso quedará automaticamente alzada coa aprobación definitiva do planeamento.

Publicar este acordo de suspensión no BOP, DOG e nun dos diarios con maior difusión da provincia. A publicación determinará a entrada en vigor da suspensión acordada.

Área afectada pola suspensión:

-Triángulo formado pola recta A-B, a aliñación da rúa Florentino López Cuevillas e a aliñación prevista da futura rúa Antonio Palacios; estando o punto A na esquina da edificación nº 5 da rúa Antonio Palacios, e o punto B na intersección da aliñación oeste da rúa Florentino López Cuevillas co límite lateral dereito da propiedade sinalada coa referencia catastral 62.84.1.21. Descontando deste triángulo o trazado da futura prolongación da rúa Adolfo Otero Landeiro. Superficies parciais: 64 e 342 metros cadrados.

-Polígono irregular formado polas aliñacións das rúas Evaristo Vaamonde, futura rúa Antonio Palacios e Florentino López Cuevillas, e o límite das propiedades de referencia catastral 62.84.1.31 e 62.84.1.22 e a rampla existente de acceso a garaxes da rúa Florentino López Cuevillas. Superficie parcial: 1.098 metros cadrados.

-Superficie total afectada: 1.504 metros cadrados.

O que se fai público en cumprimento do ordenado e para os efectos oportunos.

O Carballiño, 23 de febreiro de 2000.

O secretario

Rubricado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante do Xulgado do Contencioso-administrativo de Ourense, no prazo de 2 meses contado desde o seguinte ó da súa notificación.

Non obstante e con carácter potestativo, poderá interpor con anterioridade recurso de reposición ante o propio órgano autor desta resolución no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación. Contra a resolución deste último recurso non poderá interpoñerse de novo recurso de reposición. O recurso de reposición entenderase desestimado por silencio administrativo transcorrido 1 mes desde a súa presentación sen producirse notificación de resolución ó respecto (Art. 117 da Lei 30/1992).

Todo isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que vostede estime máis procedente e sexa conforme a dereito.