Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria José Prado Gay, de Lugo.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou dilixencias previas 15/1999, seguidas en virtude de denuncias formuladas por Celestino Valín Pardo, na súa calidade de presidente da comunidade de propietarios do edificio nº 284 da Avda. Carrero Blanco de Lugo, contra a promotora inmobiliaria José Prado Gay, finalizando este trámite con requirimento á empresa constructora para que emende as deficiencias observadas no edificio en cuestión.

As obras de reparación que hai que realizar concrétanse en:

-A saída de gases queimados da calefacción colectiva non cumpre coa estanqueidade idónea e introduce fumes dentro das vivendas.

-A porta da sala de caldeiras non abre na súa totalidade porque toca cunha conducción de saneamento colgada do teito.

-A rampla do garaxe non cumpre coas medidas que aparecen nos planos de estado definitivo; onde pon 3 m aparecen 2,80 m.

-A porta de acceso ó garaxe ten unha medida de 2,60 m.

-Fisuras en corredor de rochos.

-Na escaleira e no portal aparecen manchas de fumes, que saen a través do forxado e das conduccións eléctricas.

-Acredita-la certificación de instalacións de calefacción e A.C.S.

Para este fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non-realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 25 de xaneiro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo