Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000 pola que se fai público o outorgamento dunha concesión administrativa en terreos de dominio público portuario do porto de San Tomé (Cambados).

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 29 de xaneiro

de 1996, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa, a seguinte concesión en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas no prego de condicións correspondente.

Resolución: 27-12-1999.

Obxecto: legalización das instalacións de subministración de carburantes líquidos a embarcacións.

Porto: San Tomé (Cambados).

Adxudicatario: Andrés Cores Castro.

Prazo: ata o 7 de febreiro de 2020.

Contra o citado acto administrativo, que esgota a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante, á elección do interesado, no Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución que fixese público o outorgamento.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia