Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Gulpilleiras-Piñeira (A Fonsagrada).
Situación: A Fonsagrada.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor Al-56 sobre apoios de formigón con derivacións a C.T. do Mido e Gulpilleiras cunha lonxitude total de 123 m. Centro de transformación de Gulpilleiras de 160 kVA e relación 20.000/380-220V. Redes de baixa tensión.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.
Lugo, 25 de xaneiro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo