Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.062

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0002092/1999, interposto por Mª Luz Sindín Grandas.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 01/0002092/1999, interposto por Mª Luz Sindín Grandas, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 11 de outubro de 1999, pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 21 de xullo de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 143, do 27 de xullo) pola que se fan públicas as puntuacións definitivas da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), e contra a Resolución do 26 de xullo de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30 de xullo), sobre proposta da relación de aspirantes que superaron o devandito proceso selectivo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública