Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 7 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Pedroso, 4893.

A Delegación Provincial de Ourense dá a coñecer que foi admitida definitivamente a solicitude do permiso de investigación Pedroso nº 4893, de 23 cuadrículas mineiras para recursos de granito, nos concellos de Baltar e Os Blancos (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 1 7º 48' 00' 41º 57' 20''

Vértice 2 7º 46' 00' 41º 57' 20''

Vértice 3 7º 46' 00' 41º 57' 00''

Vértice 4 7º 46' 20' 41º 57' 00''

Vértice 5 7º 46' 20' 41º 56' 40''

Vértice 6 7º 46' 00' 41º 56' 40''

Vértice 7 7º 46' 00' 41º 56' 00''

Vértice 8 7º 48' 00' 41º 56' 00''

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación, no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 7 de febreiro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense