Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio ambiental, a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e o proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico de Deva, situado nos concellos de Covelo, A Cañiza (Pontevedra) e Melón (Ourense).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia,

o Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas de aplicación transitoria, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa EuroVento, S.L., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública.

Estudio ambiental, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Deva.

Peticionario: EuroVento, S.L.

Enderezo: Galeras 17-3º, oficina 3, 15705 Santiago de Compostela.

Situación: Covelo, A Cañiza (Pontevedra), Melón (Ourense).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (559.000, 4.682.000), V (560.000, 4.676.000),

V (562.000, 4.676.000), V (562.000, 4.678.500),

V (560.925, 4.678.500), V (560.925, 4.680.000),

V (561.850, 4.680.000), V (561.850, 4.681.075),

V (560.000, 4.682.000).

Características técnicas do parque eólico.

-Nº de aeroxeradores: 82.

-Potencia nominal unitaria: 600 kW.

-Potencia total instalada: 49,2 MW.

-Tipo de aeroxerador: Bazán-Bonus 600 kW.

-Producción neta anual estimada: 2.682 horas/ano.

-Orzamento total: 7.330.250.665 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión.

-82 aeroxeradores tipo Bazán-Bonus 660 kW.

-Liñas de baixa tensión subterráneas para evacuación de enerxía de 0.6/1 kV de interconexión entre os aeroxeradores e os centros de transformación.

-31 centros de transformación (1 cada 2/3 aeroxeradores) de 2.000 kVA de potencia de 0.69/30 kV, coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 18/30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora de 30/220 kV.

-Subestación transformadora 30/220 kV para evacuación de enerxía producida nos parques eólicos de Tea e Deva, composta por dous transformadores 2x50 MVA de potencia e relación de transformación 220/30 kV e un transformador para servicios auxiliares 250 kV 30/0.4 kV de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección. (A subestación incluída no proxecto do parque eólico de Deva é común para os parques eólicos de Tea e Deva).

Faise público para coñecemento xeral que se poderá examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral, sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 4ª planta, 15771 (Santiago de Compostela) ou ben nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense, no prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Deva poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense, delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra e Ourense e concellos de Covelo, A Cañiza (Pontevedra) e Melón (Ourense), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Dirección Xeral de Industria ou delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria