Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das propostas de resolución dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 204 e 221/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, a quen non se lle puido facer por correo certificado, as propostas de resolución dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase a seguir:

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº expediente-Precepto infrinxido-Último domicilio-Multa

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 204/199923-0) en relación co 26-e) LO 1/1992Cidade de Viveiro, Vilalba50.001 ptas.

Os Fillos do Caimán C.B. (Manuel Sánchez e José M. Castillo)E-27.245.166LU-E 221/199926-e) LO 1/1992r/ Ourense, 7, Monforte de Lemos30.000 ptas.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou

probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 21 de xaneiro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo