Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

EDICTO do 31 de xaneiro de 2000 polo que se lle notifica a Antonio Galiñanes López a resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 30 de novembro de 1999, pola que se denega a súa petición de axuda para a modernización da batea Galiñanes II.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, do 6 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ser devolta polo servicio de correos a resolución enviada no seu día, notifícaselle a Antonio Galiñanes López, que ten como último domicilio coñecido na rúa Balbanera, 21-2º, de Cambados (Pontevedra), a resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 30 de novembro de 1999, pola que se denega a súa petición de axuda para a modernización da batea Galiñanes II e que se reproduce no anexo.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Resolución do conselleiro de Pesca, Marisqueo

e Acuicultura pola que se denega a concesión

de axuda para a creación, modernización,

ampliación e innovación tecnolóxica

Visto o expediente nº PE205A98/308-8 presentado por Antonio Galiñanes López, en representación de si mesmo, sobre modernización da batea Galiñanes II, ó abeiro do disposto na Orde do 12 de febreiro de 1998.

Antecedentes.

Na acta de non-inicio de obras, con data do 18-2-1999, realizada polo xefe de base de vixilancia da Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Vilagarcía de Arousa na que informa de que as obras na batea xa están feitas.

Fundamentos xurídicos.

Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, de 1993).

Decreto 278/1994, do 8 de setembro, modificado polo Decreto 123/1996, do 14 de marzo, polo que se establece o programa de axudas con finalidade estructural no sector da pesca, a acuicultura e a transformación e a comercialización dos seus productos (DOG nº 181, de 1994).

Orde do 12 de febreiro de 1998 pola que se establecen as normas para a concesión das axudas a investimentos no ámbito da acuicultura (DOG nº 145, de 1998).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Delegación Territorial desta consellería en Vigo, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación,

RESOLVO:

Denega-la axuda solicitada de acordo co artigo 5 e) da Orde do 12 de febreiro de 1998, xa que a modernización da batea Galiñanes II foi realizada con data anterior á da realización da acta de non-inicio das obras.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Notificación.

Mediante este documento notifícolle esta resolución segundo o esixido no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, citada.