Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/382-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío liñas eléctricas en estrada Castrelos-Universidade.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: desvío liñas aéreas, a 15 kV, con conductores tipo LA-110 e LA-56, nos seguintes tramos: desde un apoio da L.M.T. BAL 707 ata un apoio anterior á L.M.T. derivación ó C.T. Castrelos, de 138 m de lonxitude; desde o apoio 8 ata o 10 da L.M.T. BAL 703 e 705, de 29 m de lonxitude; desde un apoio que se colocará xunto ó 116 ata o 122 que se vai colocar da L.M.T. BAL 705 derivación ó C.T. Marcosende, de 61 m de lonxitude; desde o apoio 2 da L.M.T. derivación ó C.T. Marcosende ata o apoio 1 da actual L.M.T. ó C.T. enxeñeiros industriais, de 61 m de lonxitude. R.B.T., aérea, de 1.320 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. R.B.T., subterránea, de 230 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2000.

P.D.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra