Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan requirimentos de documentación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Iglesias Alonso, Montserrat e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse requirimentos de documentación, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con domicilio en praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 31 de xaneiro de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Iglesias Alonso, Montserrat

DNI: non consta

Avda. Castelao, 14-11 A, Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte.: D-93/1998, R.R.: 497/1999

Martínez Cid, Ramón Manuel

DNI: non consta

Eduardo Iglesias, 20, baixo, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados

Expte.: 16049/1996. R.R.: 267/1999

Santomé Fernández, Jesusa

DNI: 35937512

Couto de San Honorato, 117, baixo, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados

Expte.: 21847/1996