O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 29 de novembro de 1999, aprobou definitivamente o estudio de detalle para a fixación de aliñacións nunha parcela situada en Cubiliño-Taragoña, promovido por Rosa Ramos Rivas.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo. Previa e potestativamente poderase interpoñer recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da devandita publicación.
Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la soli
citude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.
Rianxo, 23 de decembro de 1999.
Pedro Piñeiro Hermida
Alcalde