Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e os novos estatutos da Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción de la Provincia de Pontevedra que, no sucesivo e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción de la Provincia de Pontevedra que, no sucesivo e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco), cambiando, así mesmo, o seu ámbito territorial, que pasa a se-lo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta da asemblea xeral ordinaria na que se recolle o acordo acadado de modificación dos estatutos, o secretario, Pedro Prada Davila, co visto e prace do presidente, Fernando Alonso Vila.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais