Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de xaneiro de 2000 pola que se autoriza o cambio de titular dunha escola de navegación de lecer e se inscribe no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164 do 25 de agosto), establece o mecanismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.

No seu artigo 18, establece a obriga de notificar calquera modificación que afecte as circunstancias nas que foi recoñecida.

Solicitándose o cambio de titular dunha escola recoñecida e logo de cumprido o procedemento establecido, procede autorizalo e realiza-la súa inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º.-Autoriza-lo cambio de titular á seguinte escola, XGENOO2 da que é titular Mª del Rocío Gil Gómez con denominación comercial (Cainosa), a favor de Cainosa Vigo, S.L.

Artigo 2º.-Inscribir no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación o novo titular, quedando a súa inscrición como segue:

XGENOO2.-Cainosa Vigo, S.L. con NIF B-36857944 dentro da categoría de escolas básicas de navegación de lecer (ENAL básica).

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2000.

Amancio Landín Jaraiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura