Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T. e enlace R.B.T. en San Tomé de Lourenzá.
Situación: Lourenzá.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 30 metros de lonxitude en conductor LA-56. Centro de transformación de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Enlace en B.T. con rede existente en conductor R.Z.-95.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 17 de xaneiro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo