Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave PO/99/76.0 e catro máis.

a)Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e impacto ambiental da vía de conexión da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense coas estradas N-640 e a C-533 en Lalín.

Clave: PO/99/76.0.

Orzamento: catorce millóns vintecatro mil oitocentas sesenta e catro pesetas (14.024.864).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-De que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O proxectista será un enxeñeiro de camiños cunha experiencia en proxectos de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2. Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e avaliación ambiental do proxecto de construcción da variante de trazado da estrada C-541, conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela.

Clave: AC/99/73.0.

Orzamento: quince millóns cincocentas oitenta e catro mil setecentas dezaseis pesetas (15.584.716).

Prazo de execución: 15 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-De que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O proxectista será un enxeñeiro de camiños con experiencia en proxectos de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

3. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción incluída cartografía da obra de acondicionamento da estrada LU-VP/1101 N-640 Rozas, N-634 Abadín, treito: LU-121 Momán, N-634 Abadín.

Clave: LU/34/00.1.

Orzamento: dez millóns oitocentas quince mil catrocentas trinta e catro pesetas (10.815.434).

Prazo de execución: 14 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-De que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O proxectista será un enxeñeiro de camiños con experiencia en proxectos de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

4. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción incluída cartografía da obra de acondicionamento da estrada AC-301 Padrón-Noia, treito: Padrón-Augasantas e Augasantas-Noia.

Clave: AC/99/74.1.

Orzamento: vinte millóns novecentas vinteúnha mil trescentas corenta e dúas pesetas (20.921.342).

Prazo de execución: 14 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-De que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O proxectista será un enxeñeiro de camiños cunha experiencia en proxectos de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

5. Asistencia técnica para o control e vixilancia incluída coordinación de seguridade e saúde da obra acondicionamento da estrada PO-254, treito: Ponteareas-Mondariz.

Clave: N/PO/97.1.

Orzamento: oito millóns setecentas doce mil setecentas sesentas pesetas (8.712.760).

Prazo de execución: 20 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-De que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O coordinador da asistencia técnica será un enxeñeiro de camiños con experiencia en control de execución de estradas.

-O coordinador de seguridade e saúde será un técnico medio ou superior con ó menos nivel medio de prevención de riscos laborais.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas esta

rán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edificios Administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que no coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 1.2.6, «Constitución e funcionamento da mesa», do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela 24 de febreiro de 2000.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda