Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración de estudios e informes sobre a evolución socioeconómica, rexional e institucional dos estados federais de Arxentina e Brasil.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso público para a contratación da seguinte asistencia técnica:

1. Obxecto do contrato.

a) Asistencia técnica para a realización dos traballos necesarios para a elaboración de estudios e informes sobre a evolución socioeconómica, rexional

e institucional dos estados federais de Arxentina e Brasil.

b) Prazo de execución: 9 meses contados desde o día 1 de abril de 2000.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento máximo de licitación : 11.400.000 ptas. (once millóns catrocentas mil pesetas), IVE incluído.

4. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

b) Domicilio: Rúa dos Feáns, 5 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706. A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 10 14.

e) Fax: 981 54 10 11.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Requisitos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula X do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobres pechados dentro do prazo sinalado, presentaranse na Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior ou por calquera dos medios admitidos polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Se as proposicións se cursan por correo, anticiparase vía fax a remisión da oferta achegando xustificante da imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, nunha das salas de xuntas sitas na planta baixa da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

9. Gastos de anuncio: o importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública