Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 2000 Páx. 2.856

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 29 de febreiro de 2000, da Xunta Electoral Provincial da Coruña, polo que se fai pública a comunicación do director territorial de Radio Nacional de España en Galicia, na que anuncia as entrevistas que se realizarán os días 8, 9 e 10 de marzo, en Radio I de Radio Nacional de España en Galicia, entre as 13.50 e as 14 horas, a candidatos designados polo Bloque Nacionalista Galego, Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE-progresistas e Partido Popular, respectivamente.

En cumprimento do previsto no parágrafo segundo da norma sexta da instrucción da Xunta Electoral Central do 13 de setembro de 1999 (BOE número 222, do 16 de setembro), dictada en desenvolvemento do artigo 66 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, sobre procedementos dos recursos contra actos dos medios de comunicación en período electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de que Radio I de Radio Nacional de España en Galicia pretende realizar entrevistas os días 8, 9 e 10 de marzo, entre as 13.50 e as 14 horas, a candidatos designados polo Bloque Nacionalista Galego, Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE-progresistas e Partido Popular, respectivamente.

De conformidade co establecido na mencionada instrucción, as entidades políticas afectadas poderán examina-la dita programación nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, sita no edificio da Audiencia Provincial, planta baixa, rúa Capitán Juan Varela, s/n desta cidade da Coruña, no prazo pleclusivo dun día desde a publicación deste acordo e formula-los recursos que consideren pertinentes.

A Coruña, 29 de febreiro de 2000.

Concepción Otero Piñeiro

Secretaria