Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria do día 27 de xaneiro do ano 2000, adoptou o seguinte acordo de aprobación definitiva do estudio de detalle Zelnova:

a) Aprobar definitivamente o estudio de detalle promovidio por Zelnova, S.A..

b) Publicar este acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP.

c) Comunicar este acordo á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, significando que contra o acordo anteriormente expresado, que pon fín á vía administrativa, poderá interpoñe-los recursos seguintes:

a) Directamente o contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución (artigo 306 do RDL 1/1992, do 26 de xuño polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana).

b) Sen prexuízo de que poida exercese, se é o caso, calquera outro que considere procedente.

O Porriño, 15 de febreiro de 2000.

José Manuel Barros González

Alcalde