Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana en execución do convenio urbanístico aprobado o 26-11-1998 para a ordenación do seu rueiro número 168, situado entre as rúas Doutor Loureiro Crespo, Rodríguez Seoane e de nova apertura.

O Pleno da Corporación, en sesión de 27-11-1999, prestou aprobación definitiva á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana no ámbito do seu rueiro nº 168, situado entre as rúas Doutor Loureiro Crespo, Rodríguez Seoane e de nova apertura, documento de ordenación formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Arquitectura e Urbanismo, en execución do convenio urbanístico subscrito pola alcaldía o 25 de novembro de 1998 e aprobado polo

Pleno da Corporación, na sesión do 26 dese mes, facéndose constar que, de conformidade co informe subscrito, o día 22 deste mes de outubro, polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no sentido favorable ó presente procedimiento de modificación puntual do PXOU, enténdese eliminada a proposta de rotonda que figura nos planos con carácter indicativo para non incidir no ámbito da unidade de actuación nº 11 do PXOU, de modo que a variación da ordenación prevista nese polígono deberá de requirir, se é o caso, a formulación e tramitación dun novo proxecto de modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana vixente, téndose publicada a normativa da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana no BOP número 248, do 29 de decembro de 1999.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que agota a vía administrativa, se poderá interpoñer directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º 6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposiciones administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral