Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 22 de febreiro de 2000 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, anunciado por Orde do 5 de xaneiro de 2000.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, por Orde do 5 de xaneiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 11 do 18 de xaneiro de 2000), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 5 de xaneiro de 2000.

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtén praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e tal como dispón a base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazo de posesión iniciarase cando remate o permiso ou licencia que, se é o caso, lle fose concedido ó interesado. No suposto de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes

dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Apelidos e nome: Crespo González, Natalia.

NRP: 32.754.955.24 A2069.

Grupo: A.

Corpo/escala: corpo facultativo superior xunta.

Código do posto: MA. C04.00.002.15770.001.

Denominación do posto: subdirector-a xeral de Calidade Ambiental.

Centro directivo: Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel C. destino: 30.