Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. San Martiño-Castrolázaro, no concello de Portomarín e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 17/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Unión Fenosa, S.A.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

Descricións técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. Caborrecelle e remate no C.T. de San Martiño, de 391 m de lonxitude, a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de San Martiño, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Centro de transformación de interior de caseta do Alto do Valiño, de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V (cambio de tranformador e mellora da rede de posta á terra).

4. Rede de baixa tensión aérea de San Martiño-Vedro, de 1.710 m de lonxitude, de 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

5. Rede de baixa tensión aérea de Castrolázaro-Estrada, de 1.930 m de lonxitude, a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

6. Rede de baixa tensión aérea de Vilanova, de 1.010 m de lonxitude, a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 31 de xaneiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 17/1999 A.T.Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. San Martiño, Castrolázaro.Termo municipal: Portomarín.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Tras VilasMonte altoAlbino Vázquez Rodríguezr/ Campiña, 38

15704 Santiago de Compostela

121342.144

4O AgroPradoRosario Prado CastroCastrolázaro, 18

27170 Portomarín

18180

6O AgroPradoMarina Rodríguez CastroAvda. Xeneral Fanjul, 40-8º C

28044 Madrid

3138380