Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 2000 Páx. 2.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/8-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: PIESA.

Domicilio social: Juan Bravo, 3-B-1º, 28000 Madrid.

Denominación: L.A.T. 220 Repsol-A Grela.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de alta tensión, a 220 kV, denominada Repsol-A Grela, baixo tubo de polietileno, en gabia de 1,50 m de profundidade por 0,7 m de largo, con conductor XLPE 220/127 kV de 3(1x1.200) mm Al, de 4.200 m de lonxitude, con orixe na subestación eléctrica de Repsol-Petróleo, S.A. e discorrendo por r/ León, r/ Butano, estrada Fisterra C-552, r/ Severo Ochoa, r/ Newton, estrada Baños de Arteixo e final na subestación eléctrica da Grela, de Unión Fenosa, sendo instalada xunto coa liña eléctrica cable de fibra óptica tipo PKP de 64 fibras e 14,6 mm de diámetro. A instalación discorre polos concellos de Arteixo e A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña