Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: telemando C.R. Penacha (San Miguel Reinante).
Situación: Barreiros.
Descricións técnicas: centro de reparto onde conflúen liña Ribadeo I. Dirección S.T. Foz e liña Ribadeo I. Dirección Ribadeo a 20 kV. Centro de transformación de 630 kVA e relación de transformación 20.000/380-220. Telemando.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 17 de xaneiro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo