Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.724

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (11/2000).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de:

Que no xuízo de faltas nº 11/2000 se dictou unha cédula de citación que literalmente di:

Cédula de citación:

O/a maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela acordou citar a vostede para que no próximo día dezaseis de marzo ás doce horas, asista na sala de vistas número dous, segundo andar, á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por danos, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que se tente valer (testemuños, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, ben que este non é preceptivo.

Apercíbese o denunciado de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, se lle poderá impor unha multa e de que recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e sirva de citación a Claudio Vladimiro Mato, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o tres de febreiro de dous mil.

O/a secretario/a

Rubricado