Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.709

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 36/2000, do 18 de febreiro, polo que se crea o conservatorio de música público de graos elemental e profesional dependente do Concello de Arzúa.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades e o artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23), establece que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden as ditas competencias.

Examinado o expediente promovido polo Concello de Arzúa (A Coruña), en solicitude de creación dun conservatorio de música público de graos elemental e profesional dependente do dito concello, para imparti-las ensinanzas de música que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Tendo en conta os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña sobre o cumprimento efectivo, por parte do dito concello, dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, para os centros que impartan as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro, título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que a estructura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos.

En uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de febreiro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créase o conservatorio de música público de grao elemental e profesional dependente do Concello de Arzúa.

Artigo 2º

Neste conservatorio impartiranse as ensinanzas de música reguladas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, desenvolvidos no Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo de grao elemental e de grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos.

O centro poderá impartir, ademais, con validez académica oficial, as ensinanzas das materias correspondentes ó plan de estudios regulado polo Decreto 2618/1966, do 10 de setembro (BOE do 24 de outubro), que non foran suprimidas polo Real decreto 986/1991, do 14 de xuño (BOE do 25 de xuño), modificado polos reais decretos 535/1993, do 12 de abril (BOE do 4 de maio), 1487/1994, do 1 de xullo (BOE do 28 de xullo), 1468/1997, do 19 de setembro (BOE do 20 de setembro), 173/1998, do 16 de febreiro (BOE do 17 de febreiro), e o Real decreto 1112/1999, do 25 de xuño (BOE do 8 de xullo).

Artigo 3º

Este centro queda semetido ó réxime común docente dos conservatorios de música e seralle de aplicación a normativa vixente sobre centros de ensinanzas artísticas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las medidas necesarias para o desenvolvemento do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de febreiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria