Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución da obra de beirarrúas e saneamento en Virxe Mareas. Lugar de execución: O Grove. Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: dez millóns (10.000.000) de ptas.

5. Garantías: provisional: 2% do orzamento anterior.

6. Obtención de documentación e información: Casa do Concello do Grove, praza do Corgo 1, 36980 O Grove (Pontevedra), teléfono/fax: 986 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría B; grupo E, subgrupo 1, categoría C; grupo G, subgrupo 3 e 4, categoría C.

8. Presentación de ofertas: durante 13 días naturais seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG, de 9 a 14 horas.

Documentación: a establecida na cláusula 19 do prego de condicións.

Lugar de presentación: o mesmo que figura no número 6 deste anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses.

Admisión de variantes: admítense variantes conforme os criterios de adxudicación establecidos na base 21ª do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o 3º día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas.

10. Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse o prego de condicións, por prazo de oito días hábiles desde a publicación no BOP aprazándose aquela se se producen reclamacións contra o dito prego.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 17 de febreiro de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde