Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 5 de xaneiro de 2000, o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante concurso con procedemento aberto para a explotación das instalacións municipais de ambigú do polideportivo municipal de Cedeira, exponse ó público durante o prazo de 8 días na Secretaría do Concello.

Ó mesmo tempo, e de conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, anúnciase simultaneamente a licitación do concurso de referencia, se ben a licitación se aprazará no suposto de que se formulasen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas ata que se resolvan pola corporación:

1. Entidade adxudicadara.

a) Organismo: Concello de Cedeira.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato: concesión dun local dentro do polideportivo municipal sito na Avda. de España para a explotación dun ambigú.

3. Duración do contrato: seis meses prorrogables tacitamente por iguais períodos ata un máximo de cinco anos, de non existir denuncia do contrato por calquera das partes con dous meses de antelación á data do vencemento.

4. Canon que vai satisface-lo concesionario: non se fixa canon anual para percibir polo concello, deixándose en liberdade ós licitadores para propoñelo nas súas ofertas.

5. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Forma de adxudicación: concurso.

6. Garantía provisional: 25.000 pesetas.

7. Garantía definitiva: 27.000 pesetas.

8. Obtención de documentación e información: Concello de Cedeira, rúa Real nº 15, Cedeira (A Coruña), teléfono 981 48 00 00.

9. Lugar e prazo de presentación de proposicións: as ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Cedeira das 9 ás 14 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

10. Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en sobre pechado titulado: «Proposición para tomar parte no concurso para a adxudicación da concesión da explotación das instalacións municipais de ambigú do polideportivo municipal de Cedeira» e conterá a documentación esixida na cláusula 12.1º do prego.

11. Apertura de proposicións: no salón de comisións do Concello de Cedeira, ás trece horas do primeiro mércores hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Cedeira, 8 de febreiro de 2000.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente