Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación do servicio de xestión de residuos neste complexo, mediante concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 03CHOP).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 18 de marzo de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, resolve convoca-lo concurso público 03CHOP, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de retirada, transporte, tratamento e eliminación, de acordo coa normativa vixente, dos residuos biosanitarios especiais, líquidos radiolóxicos, residuos químicos e outros (indicados no prego de prescricións técnicas) producidos no Complexo Hospitalario de Pontevedra, así como a subministración dos envases necesarios, adecuados ó proceso que deba facerse en cada caso, e a contratación do servicio de compactación e retirada a vertedoiro de residuos sólidos urbanos do Hospital Montecelo e Hospital Provincial, por un orzamento anual de dezanove millóns, seiscentas oitenta mil (19.680.000) pesetas. 118.279,18 euros. Imposto sobre o valor engadido, incluído.

2. Prazo de execución: o servicio obxecto do presente concurso público executarase a partir da data de formalización do contrato, ata o 31 de decembro de 2000.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderán ser solicitadas na Sección de Contratación Administrativa do Hospital Provincial, r/ Loureiro Crespo, 2. C.P. 36001 de Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono: 986 80 70 00 (Ext. 164) ou fax: 986 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación (393.600 pesetas), que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p. 11).

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo de Pontevedra, ás dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirán a presentación de variantes.

13. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2000.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra