Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente sancionador S-LU-1/3/99, en materia de patrimonio cultural de Galicia, instruído con motivo das obras de remoción de terras no soar sito no número 11 da rúa Ánxel Fole de Lugo, contra a empresa C&M Investiment, S.A., NIF A-27102920 (presidida e representada por Domingo Canto Vila).

En cumprimento do establecido polo artigo 58 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícaselle a resolución recaída no procedemento sancionador incoado, o 8 de marzo de 1999, á persoa que se sinala no anexo co seu último enderezo coñecido.

A persoa interesada dispón da resolución na Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo e do dereito de interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Advírtese que, de non interpoñer en tempo e forma os recursos que procedan, terá que aboa-la sanción imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, número 204607204040000079 da Caixa de Aforros de Ourense en Lugo, facendo consta-lo número de expediente sancionador. Transcorridos os prazos previstos, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 31 de xaneiro de 2000.

Manuel Gulín Rodríguez

Instructor do procedemento

ANEXO

Expediente: S-LU-1/3/99.

Interesado: C&M Investiment, S.A., NIF A-27102920 (presidida e representada Domingo Canto Vila).

Enderezo: Xeneral Franco 6-1º, 27001 Lugo.

Feitos: realización de obras de remoción de terras levadas a cabo no soar nº 11 da rúa Ánxel Fole da cidade de Lugo, carecendo da preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Precepto infrinxido: artigo 91 h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95.2º da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

Sanción: 10.000.001 ptas.