Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.632

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (255/1992).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa,

Fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 255/1992, se segue procedemento executivo outros títulos, por instancia de Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Mercedes Penas Peón, con DNI 76.483.133-Z, domiciliada en r/Campo Grande s/n (Melide), José Luis Penas Peón, con DNI 76.506.179-Z, domiciliado en r/ Campo Grande s/n (Melide) e Hortensia Taboada López, con DNI 76.785.548-Z, domiciliado en r/ Campo Grande s/n (Melide), en reclamación de cantidade. Nos autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa taxación, o seguinte ben embargado no procedemento e que ó final do presente edicto se detallará:

Os bens saen a licitación nun só lote.

A poxa celebrarase o próximo día 27 de abril de 2000 ás once horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa de Lugo, 45-47 de Arzúa, A Coruña, baixo as seguintes condicións:

1º O tipo do remate será o do valor dado ós bens (cinco millóns novecentas sesenta e dúas mil cincocentas pesetas), sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2º Para tomaren parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo menos o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A., axencia urbana r/ Ramón Franco de Arzúa, conta de consignacións número 1510/0000/17-255/1992).

3º Soamente o executante poderá cede-lo remate a terceiro.

4º Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa cele

bración, depositándoo na mesa do xulgado e xunto co prego, o resgardo acreditativo do ingreso do importe indicado no punto nº 2.

5º Para o suposto de resultar deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día 26 de maio de 2000, ás once horas, nas mesmas condicións que a primeira, excepto do tipo do remate, que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e, caso de resultar deserta a segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 27 de xuño de 2000, tamén ás once horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Dado en Arzúa o vintesete de xaneiro de dous mil.

A xuíza

Rubricado

O/a secretario/a

Rubricado

Relación de bens obxecto da poxa

A metade indivisa correspondente a Mercedes Penas Peón sobre o predio número 10.772 do tomo 387, libro 64, folio 15 do Rexistro da Propiedade de Arzúa, na que se encontra construída unha vivenda de dous andares, soto e garaxe.