1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais-Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición dunha secadora e dunha calandra mural con pregador para a Residencia de Ferrol.
b) Número de unidades: ver prego técnico.
c) División por lotes: lote único.
d) Lugar de entrega: residencia da terceira idade de Ferrol (r/ Emilia Pardo Bazán, s/n, polígono de Caranza, Ferrol).
e) Prazo de entrega: trinta (30) días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base licitación: nove millóns cento corenta mil (9.140.000) pesetas; (54.932,50 euros).
5. Garantías.
Provisional: cento oitenta e dúas mil oitocentas (182.800) pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais e delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, edificio Pirámide.
c) Localidade: 15771 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 981 54 56 77; fax: 981 54 56 63.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.
b) Documentación que hai que presentar: ver cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, s/n, 2ª planta, Santiago de Compostela).
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la a súa oferta: 3 meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
8. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais.
b) Domicilio: sala de xuntas (ver punto 6.b).
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o quinto día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 10 horas.
9. Gastos dos anuncios: o pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2000.
P.D. (Orde 21-4-1998)
Corina Porro Martínez
Directora xeral de Servicios Sociais