De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de Sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.3º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.
Expediente sancionador: Secretaría 177/1999.
Denunciado/a: Manuel Cabanas Gómez e outro, S.C./Restaurante Central.
DNI/CIF: G-15103039.
Derradeiro enderezo coñecido: A Raíña, 15, Santiago de Compostela.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: 25.000 pesetas.
A Coruña, 4 de xaneiro de 2000.
Manuel Barral Castro
Delegado provincial da Coruña