Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 1/1999).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xuño, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Gamesa Energía, S.A., con domicilio en Avda. do Cruceiro da Coruña, 201A, Santiago de Compostela, para autorización administrativa do parque eólico de Pedregal-Tremuzo, con base nos seguintes datos:

Concellos afectados: Muros, Mazaricos e Outes.

Superficie afectada: 376 hectáreas e coordenadas:

V (500.783 N, 4.744.217 W), V (501.000 N, 4.744.000 W), V (501.730 N, 4.744.000 W), V (502.225, 4.743.188 W), V (502.600 N, 4.743.310 W), V (504.058 N, 4.742.435 W), V (504.188 N, 4.740.620 W), V (504.000 N, 4.740.000 W), V (503.670 N, 4.740.496 W), V (503.492 N, 4.741.877 W), V (503.128 N, 4.742.069 W), V (502.870 N, 4.742.777 W), V (502.163 N, 4.742.731 W), V (502.168 N, 4.742.070 W), V (501.838 N, 4.742.070 W), V (501.822 N, 4.742.885 W), V (501.506 N, 4.742.885 W), V (501.506 N, 4.743.481 W), V (500.616 N, 4.743.278 W), V (500.328 N, 4.743.785 W).

Potencia que se vai instalar: 30,36 MW.

Durante o prazo de vinte días, poderanse presenta-las solicitudes en competencia axustándose ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 15 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña